O rexistro na intranet da FEGADO permitirache participar en todos os eventos organizados pola asociación.
Os campos marcados cun * son obrigatorios, e o resto podes cubrilos se dispós deles e se o desexas, aínda que agradecemos que nos indiques todos os datos que solicitamos.
O teu usuario de acceso será o que cubras no campo de Número do Documento.
O campo do DNI é obrigatorio, pero pode darse o caso de que o usuario non dispoña del, ou por non ser necesario debido a idade ou por ser estranxeiro.
En caso de non ser necesario debido a idade, débese indicar o DNI do pai, nai ou titor, seguido dun guión e un número correlativo, por exemplo 12345678H-1, e deste mesmo xeito para os seguintes usuarios.
En caso de ser estranxeiro, débese de indicar o número de NIE ou Pasaporte.
Só se permiten letras, números e guión, polo que non engadas ningún outro caracter.
1. En cumprimento do establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámolo de que o feito de cubrir calquera formulario existente na Web ou de enviar un correo electrónico a calquera das nosas contas de correo implica a aceptación desta política de privacidade, así como a autorización a "Intranet Deportiva" para que trate os datos persoais que nos facilite, nos termos e condicións que aquí se indican.
2. Os datos facilitados polo usuario ou usuarios serán incorporados nun ficheiro automatizado coa titulariedade de "Federación Galega de Orientación", xestor da "Intranet Deportiva" e coa única finalidade da prestación do servizo de participación nesta ferramenta web.
3. O Usuario autoriza a "Intranet Deportiva" a incluír os seus datos en dito ficheiro coa finalidade de levar a cabo as operacións que se ofrecen a través da Web, como por exemplo a inscrición en eventos deportivos ou o uso destes datos para a solicitudes pertintentes coa Federación correspondente ou outros organismos e entidades participantes.
4. O Usuario pode exercitar en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixindo unha solicitude por escrito ao seguinte titular e enderezo: Álvaro Gómez Andrade, Rúa Eduardo Pondal Nº1 1ºD, 15680 - Ordes, A Coruña acompañando fotocopia do seu DNI ou Pasaporte ou documento válido que o identifique, e indicando a petición en que se concreta a solicitude, o enderezo a efectos de notificacións, a data e a súa sinatura, e os documentos acreditativos da petición que formula, no seu caso. Esto exposto é sen prexuicio das utilidades de acceso e rectificación que ofrece o propio sistema.
5. Conforme á lexislación vixente en materia de protección de datos, a "Intranet Deportiva" adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados polo Usuario e, ademais, instalou todos os medios e medidas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e extracción destes.
6. A "Intranet Deportiva" presume que os datos foron introducidos polo seu titular ou por unha persoa autorizada por este, así como que son correctos e exactos.
7. Corresponde ao Usuario a actualización dos seus propios datos. A "Intranet Deportiva" non será responsable da súa inexactitude se o Usuario non comunica os cambios que puidesen terse producido (por exemplo, cambio de enderezo de correo electrónico).
8. Pola mera visita á Web o Usuario non facilita información persoal ningunha nin queda obrigado a facilitala.
9. A "Intranet Deportiva" comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a empregala unicamente para os fins indicados.
10. A "Intranet Deportiva" non é responsable polo contido de sitios externos que se enlazan dende este sitio web.
11. O usuario maniefesta expresamente coñecer e aceptar, plenamente e sen reservas, o contido das condicións xerais de aceso e uso do sitio web intranetdeportiva.com incluidas neste aviso leval.
Xestionado coa Intranet Deportiva | Potenciado co phpCan | Contacto